lunes, 13 de febrero de 2017
BATALLA NAVAL DE PIRATAS, 5 ANOS A
Durante o tempo de asamblea estivemos aprendendo a xogar a afundir barcos piratas. Xogou Sabela, que era a capitana, contra a profe. Gañou Sabela!!
IMOS CEAR UN LOBO, CLASE 5 ANOS A
domingo, 12 de febrero de 2017
Lectura de contos en 5 anos A
o mércores 8 de febreiro viñeron dous nenos de 5º de primaria a contarnos o conto de A BRUXA REGAÑADENTES...estivo xenial.
OaOa na clase de 5 anos A
O xoves 2 de febreiro veu ó colexio Marcos que é un membro do grupo OaOa (outros algoritmos para as operacións matemáticas); e tivemos a sorte de compartir con el unha sesión de como traballar con regletas en infantil ...que ben o pasamos e canto aprendemos os nenos de 5 anos A!!
martes, 31 de enero de 2017
ÚLTIMOS TRABALLOS FEITOS SOBRE KANDINSKY NA CLASE 5 ANOS A
Aproveitando a explosión de cores dos cadros de Kandinsky fixemos un pequeno experimento na clase; foi todo un éxito por parte dos nenos e nenas que ían a comprobar como se ían achegando as cores para mezclarse e dar outra cor distinta.
O magosto tamén foi kandiskiano. Para tal fin, cada neno e nena coloreu un círculo, un rectángulo, un cadrado, un triángulo, etc. Despois cortábase á metade e compartíase con outro compañeiro. Así os bolsos das castañas foron feitos con figuras compartidas entre eles.
Esperamos que vos guste o resultado!!
O magosto tamén foi kandiskiano. Para tal fin, cada neno e nena coloreu un círculo, un rectángulo, un cadrado, un triángulo, etc. Despois cortábase á metade e compartíase con outro compañeiro. Así os bolsos das castañas foron feitos con figuras compartidas entre eles.
Esperamos que vos guste o resultado!!
TALLER DE FIGURAS KANDISKIANAS NO XIMNASIO
Fixemos unha sesión no ximnasio onde traballamos as figuras máis importantes traballadas nos cadros de Kandisnky... que ben o pasamos!!!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)







