miércoles, 16 de noviembre de 2016
SAMÍN 5 ANOS A
Os nenos de 5 anos A celebramos o Samaín no cole e trouxemos cabazas. Mirade que guapos iamos...
jueves, 10 de noviembre de 2016
TALLERES DE PAIS 5 ANOS A
Talleres cos pais
Ó longo do mes de outubro a clase de 5 anos A estivo traballando ó pintor WASILY KANDINSKY. A maneira de participación dos país no proxecto foi a través dun taller de pais. Este taller consistía en elixir un cadro do pintor e unha técnica plástica para traballalo.
Fixéronse 3 talleres :
O primeiro taller foi con Martina (a mamá de Carme) e realizouse o 10 de outubro cunha duración de 2 horas aproximadamente. O cadro elixido foi “Algúns círculos” e a técnica elixida foi o esgrafiado. Para realizar a técnica pintamos con cores vivas e logo cubrimos todo con cera negra. Logo realizamos o cadro dende o punto de vista de cada nen@.
O segundo taller foi con Marta (a mamá de Paula) e levouse a cabo o 17 de outubro cunha duración parecida ó anterior. O cadro elixido foi “brando duro” e a técnica plástica foi o recortado. Os nen@s recortaron distintas figuras e tamén buscaron algo brando e algo suave. Logo montaron o cadro; sempre dende o seu punto de vista.
O terceiro taller foi con Judhit (a mamá de Pedro) e levouse a cabo 24 de outubro coa mesma duración. O cadro elixido foi “ceo azul” e a técnica a composición. Os nen@s tiveron unn punto de partida común e logo cada un sumoulle extensións a esta base común que fixeron cada composición única e orixinal.
Para rematar destacar que o pasamos fenomenal e a aula quedou encantada coa experiencia. Gracias a vós por este rato agradable.
|
Suscribirse a:
Entradas (Atom)