miércoles, 14 de junio de 2017

SESIÓN DE CINE 5 ANOS A

OLA FAMILIAS, XA IMOS POLA TERCEIRA SESIÓN DE CINE. ESTA VEZ A SALA 1 PROXECTOU PELÍCULAS DA COMPAÑÍA WARNER E A SALA 2 PROXECTOU PELÍCULAS DA COMPAÑÍA DISNEY.

NA SALA 1 VIMOS OS LOONEY TUNES(CORRECAMINOS E O COYOTE, PATO LUCAS, PIOLÍN, ETC.)  E NA SALA 2 VIMOS O RATO MIKEY E O PATO DONALD.

COMEMOS PALOMITAS E VIMOS A PELI DESPOIS DE COMPRAR A ENTRADA.












EXCURSIÓN FIN DE CURSO 5 ANOS A

Ola familias, o venres 9 de xuño fixemos a excursión de fin de curso. O recorrido foi unha parada no parque de Barrantes e logo fomos á fundación Manolo Paz en Castrelo. Aquí deixo unhas fotos para que vexades que ben o pasamos!!!









martes, 6 de junio de 2017

O RELOXO EN 5 ANOS A

Ola familias, estos días andamos argallando nas horas. Pois como non se pode ir ó cine á hora que nós queiramos temos que empezar a entender o reloxo.

Estivemos traballando a hora en punto e a media hora. Agora sabemos que a agulla pequena é a das horas e que a agulla grande é a dos minutos. Que a agulla das horas vai máis lenta que a agulla dos minutos. E empezamos a entender que  a agulla dos minutos vai de 5 en 5 minutos (regleta amarilla).

Así de ben o pasamos:




















lunes, 5 de junio de 2017

DECENAS EN 5 ANOS A

Estos días de finais de curso estivemos traballando as decenas con regretas na clase
. Aquí vos deixo algunhas fotos das sesións. 








domingo, 4 de junio de 2017

DÍA DAS LETRAS GALEGAS EN 5 ANOS A

PARA CELEBRAR O DÍA DAS LETRAS GALEGAS NA ESCOLA VIMOS UNHA OBRA DE TEATRO BASEADA NOS CONTOS DE CARLOS CASARES.











LOGO, Á HORA DO PATIO,  MARCHAMOS  A CLASE DE 5 ANOS A E A CLASE DE 4 ANOS A , PARA RECITAR NA CALZADA O CONTO : "A FORMIGA ESQUIADORA", DE CARLOS CASARES.


 PARA REMATAR A XORNADA QUEDAMOS A BAILAR CO  GRUPO MIGALLAS. MENUDO CONCERTO.













O DÍA NON PUIDO ESTAR MELLOR  NIN SER MÁIS DIVERTIDO.



























TALLER DE PINTURA NO XIMNASIO EN 5 ANOS A

FIXEMOS UN TALLER NO XIMNASIO PARA PINTAR CAIXAS PEQUENAS.   PERO.... PARA QUÉ SERÁN ESTAS CAIXAS? ALGUÉN O SABE?...  PRONTO SE DESVELARÁ O MISTERIO.





















MURO DO NÚMERO 13 CON REGLETAS EN 5 ANOS A


Ola familias de cinco anos, déixovos unhas fotos feitas na clase e que me van a servir para que entendades cómo  traballamos os números en infantil.
Cada regleta leva asociada unha cor e un número.



Resultado de imagen de regletas

Os nenos e nenas fixeron coas regletas o muro do número 13 que non é outra cousa que a súa descomposición noutros númerosmáis pequenos e que se os sumamos dánnos sempre 13.
As regletas numéricas son un material manipulativo excelente para sumar e restar e para que consegan o cálculo mental.
Espero que vos gusten as fotos.


 














IMOS ESCRIBINDO O MURO NA PIZARRA










MUROS XA REMATADOS

















EXCURSIÓN BELAS ARTES DE 5 ANOS A



Ola familias, déixovos unhas fotos da excursión que fixemos  á  facultade de  Belas Artes en Pontevedra, o venres 21 de abril.

Alí descubrimos, coa axuda de alumnos e alumnas desta facultade, a ler e entender algúns cadros e pinturas. 

Cando saímos xogamos cun trompo xigante que nos tiñan preparado. Para rematar fomos merendar á alameda.