miércoles, 16 de noviembre de 2016

jueves, 10 de noviembre de 2016

TALLERES DE PAIS 5 ANOS A


 Talleres cos pais
Ó longo do mes de outubro a clase de 5 anos A estivo traballando ó pintor WASILY  KANDINSKY.  A  maneira de participación dos país no proxecto foi a través dun taller de pais.  Este  taller consistía en elixir un cadro do pintor e unha técnica plástica para traballalo.
 Fixéronse 3 talleres :
 O primeiro taller foi con Martina (a mamá de  Carme) e realizouse o 10 de outubro cunha duración de 2 horas aproximadamente. O cadro elixido foi “Algúns círculos” e a técnica elixida foi o esgrafiado. Para realizar a técnica  pintamos con cores vivas e logo cubrimos todo con cera negra.  Logo realizamos o cadro dende o punto de vista de cada nen@.
 O segundo taller foi con Marta (a mamá de Paula) e levouse a cabo o 17 de outubro cunha duración parecida ó anterior. O cadro elixido foi “brando duro  e a técnica plástica foi o recortado. Os nen@s recortaron distintas figuras  e tamén buscaron algo brando e algo suave. Logo montaron o cadro; sempre dende o seu punto de vista.
O terceiro taller foi con Judhit (a mamá de Pedro) e levouse a cabo  24 de outubro coa mesma duración. O cadro elixido foi “ceo azul” e a técnica a composición. Os nen@s  tiveron unn punto de partida común e logo cada un sumoulle extensións a esta base común que fixeron cada composición única e orixinal.
Para rematar destacar que o pasamos fenomenal e a aula quedou encantada coa experiencia.  Gracias a vós por este rato agradable.